A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti) acusa a Xunta de "dificultar a
impartición da xustiza" en Galicia e de perpetuar os problemas vinculados ao seu labor que xa
denunciaron varios xuíces. E fano con motivo da licitación dos servizos que estes profesionais deben
prestar nos xulgados do país.
A Agpti amosa a súa "preocupación" e denuncia as condicións para a adxudicación de servizos de tradución e interpretación nos xulgados galegos que veñen de ser publicadas en procedemento aberto. Os profesionais destacan que o Goberno vén de propoñer unhas tarifas máximas para o seu labor "que non chegan nin ao 15% das do mercado real na autonomía", o que "fomenta a precariedade laboral que é incompatible cun servizo de calidade nun cometido de tal responsabilidade como o de intérprete xudicial
Fecha:
2014-03-28 - Fuente: Plaza.com - Movementos sociais
Url: http://praza.com/movementos-sociais/6389/interpretes-acusan-a-xunta-de-dificultar-a-imparticion-de-xustiza-ao-precarizar-o-seu-labor/